Buscamos talento para poñer en marcha o HUB de Emprendemento e Innovación do Xeoparque Montañas do Courel!
Procedemento: TR349Z – Subvención para organismos intermedios que contraten persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027.
Desde a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel buscamos incorporar un/unha Técnico/a de Proxectos e Desenvolvemento Territorial para formar parte dun proxecto que quere converter as oportunidades do noso territorio en proxectos reais, empresas, investimento, emprego e novas oportunidades.
🌱 QUE VAS FACER?
A persoa seleccionada participará activamente na posta en marcha e desenvolvemento do HUB:
🔹 Identificación e análise de recursos e oportunidades do territorio.
🔹 Mapeo de solo, patrimonio, vivenda, empresas, iniciativas e activos infrautilizados.
🔹 Atención e acompañamento a persoas emprendedoras e empresas.
🔹 Identificación, definición e seguimento de proxectos con potencial de desenvolvemento.
🔹 Impulso de novas iniciativas empresariais e proxectos de investimento.
🔹 Coordinación con concellos, administracións, empresas, asociacións, propietarios, persoas emprendedoras e investidores.
🔹 Apoio en convocatorias e selección de proxectos.
🔹 Participación en accións de dinamización, encontros e foros empresariais.
🔹 Colaboración en iniciativas destinadas a atraer talento e facilitar a chegada de novos profesionais ao territorio.
En definitiva: buscar oportunidades, conectar persoas e converter ideas en proxectos reais.
🎓 QUE PERFIL BUSCAMOS?
Persoas con algunha das seguintes titulacións:
- ADE, Economía ou titulacións similares.
• Enxeñaría Agronómica, Enxeñaría Agrícola, Enxeñaría de Montes, Enxeñaría Forestal ou similares.
• Arquitectura ou titulacións relacionadas coa planificación, xestión e desenvolvemento do territorio.
Máis alá da titulación, buscamos unha persoa con capacidade de análise, iniciativa, visión territorial, capacidade para relacionarse con diferentes axentes e ganas de construír proxectos.
📋 REQUISITOS OBRIGATORIOS DEL PUESTO
As persoas candidatas deberán cumprir os seguintes requisitos no momento da contratación:
- Ter menos de 30 anos.
• Estar inscritas e activas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
• Estar en situación de desemprego.
• Ter finalizado unha titulación universitaria compatible co posto.
🌍 POR QUE ESTE POSTO?
Porque terás a oportunidade de participar directamente na construción dun proxecto que quere facer algo moi concreto: que as oportunidades existentes no Xeoparque se convertan en actividade económica e futuro para os seus municipios.
O HUB traballará para identificar recursos, acompañar iniciativas, conectar empresas e persoas emprendedoras, atraer investimento e impulsar novos proxectos para o territorio, en liña coas actuacións previstas no seu Plan Executivo.
Se che interesa o desenvolvemento rural, o emprendemento, a empresa, o territorio e a creación de novas oportunidades, queremos coñecerte.
DESCRIPCIÓN DEL PUESTO :
Duración: 9 meses
Entidad contratante: Asociación de Empresarios y Comerciantes Del Geoparque, Montañas Do Courel
📍 LUGAR DE TRABALLO
Ribas de Sil (Lugo).
💻 MODALIDADE DE TRABALLO
Modalidade híbrida: aproximadamente 50 % teletraballo e 50 % traballo presencial, combinando a oficina da Asociación en Ribas de Sil con reunións, visitas e traballo de campo no territorio.
🚗 Requírese dispoñibilidade para desprazamentos puntuais dentro do ámbito do Xeoparque Montañas do Courel.
📩 COMO PRESENTAR A CANDIDATURA
As persoas interesadas deberán enviar o seu CV a: vicepresidenteejecutivo@proruralgalicia.org
Asunto: Candidatura Técnico/a de Proxectos e Desenvolvemento Territorial – HUB
#Emprego #Lugo #RibasDeSil #XeoparqueMontañasDoCourel #Emprendemento #DesenvolvementoRural #Innovación #Territorio #EmpregoRural #HUB








