A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, mantivo esta mañá unha reunión de traballo con representantes da asociación Prorural Galicia. A titular do departamento puido coñecer os proxectos que leva a cabo esta organización, centrados na promoción económica das contornas rurais da nosa comunidade.
Ademais, valorou positivamente a iniciativa dos Premios Prorural Galicia, impulsados por esta asociación, como unha boa oportunidade para dar visibilidade aos proxectos de desenvolvemento económico que teñen ao medio rural como protagonista.
Fuente: Xunta de Galicia