Prorural Galicia participará no Foro Ultreia Galicia 2026 en Guitiriz

O vindeiro xoves 3 de decembro de 2026, o Iberik Gran Balneario de Guitiriz (Lugo) acollerá unha nova edición do Foro Ultreia Galicia. O encontro, impulsado pola Xunta de Galicia, reunirá persoas emprendedoras, empresas, institucións e entidades que traballan polo desenvolvemento económico e social do territorio.

Prorural Galicia participará na xornada como entidade membro do Consello Asesor de Ultreia Galicia. Ademais, Juan Luís Vázquez, de Casa de Outeiro e vicepresidente de Prorural Galicia, intervirá como ponente no foro.

A xornada será unha oportunidade para coñecer proxectos innovadores, compartir experiencias e explorar novas vías de colaboración arredor do emprendemento ligado ao territorio, o talento, a sustentabilidade e a dinamización do rural.

Desde Prorural Galicia convidámosvos a asistir ao foro e a compartir esta convocatoria con outras persoas, empresas e entidades interesadas en emprender ou impulsar proxectos no rural galego.

Más noticias

es_ESES