Oferta de Emprego: Técnico/a de apoio en proxectos e desenvolvemento rural

OFERTA DE EMPREGO

PRORURAL GALICIA

Procedemento: TR349Z – Subvención para organismos intermedios que contraten persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027.

TÉCNICO/A DE APOIO EN PROXECTOS E DESENVOLVEMENTO RURAL

Desde Prorural Galicia buscamos incorporar un/unha Técnico/a de Apoio en Proxectos e Desenvolvemento Rural, que participará no deseño, coordinación, seguimento e execución de diferentes iniciativas relacionadas co desenvolvemento rural, a dinamización territorial, o patrimonio, o territorio e a posta en valor dos recursos locais.

🌱 QUE VAS FACER?

A persoa seleccionada dará apoio técnico aos diferentes proxectos actualmente en funcionamento en Prorural Galicia, participando en tarefas como:

🔹 Apoio técnico na definición, planificación e execución de proxectos de desenvolvemento rural.
🔹 Análise territorial e identificación de recursos, oportunidades e necesidades.
🔹 Elaboración de documentación técnica, informes, memorias e propostas de actuación.
🔹 Apoio na preparación e seguimento de proxectos vinculados ao territorio e ao desenvolvemento local.
🔹 Apoio na coordinación con concellos, asociacións, empresas e outros axentes do territorio.
🔹 Participación en reunións, visitas técnicas e traballo de campo.
🔹 Seguimento das actuacións e apoio na organización e dinamización de actividades.
🔹 Apoio na identificación e posta en valor de recursos vinculados ao patrimonio, territorio, turismo e desenvolvemento rural.
🔹 Apoio na preparación de novas propostas e iniciativas que permitan captar oportunidades e xerar impacto no territorio.

En definitiva: apoiar tecnicamente os proxectos de Prorural Galicia e contribuír a transformar os recursos e oportunidades do territorio en iniciativas concretas.

🎓 QUE PERFIL BUSCAMOS?

Buscamos unha persoa con formación en:

  • Arquitectura ou titulacións relacionadas coa planificación, xestión e desenvolvemento do territorio

Valorarase especialmente a capacidade para aplicar os coñecementos técnicos ao territorio, ao desenvolvemento rural e á planificación de proxectos, así como o interese por traballar con diferentes axentes e realidades locais.

Tamén se valorarán:

  • Capacidade de análise e organización.
  • Iniciativa e autonomía no desenvolvemento das tarefas.
  • Capacidade para elaborar documentación técnica.
  • Habilidades de comunicación e coordinación.
  • Interese polo desenvolvemento rural e territorial.
  • Coñecementos ou experiencia en proxectos, patrimonio, territorio, urbanismo, arquitectura ou dinamización rural.
  • Dispoñibilidade para realizar desprazamentos.

📍 LUGAR DE TRABALLO

O posto desenvolverase mediante unha modalidade híbrida, combinando teletraballo co traballo presencial e os desprazamentos necesarios para o desenvolvemento dos proxectos.

💻 MODALIDADE DE TRABALLO

Aproximadamente:

50 % teletraballo
50 % traballo presencial e dispoñibilidade para desprazamentos

Os desprazamentos realizaranse principalmente pola contorna do Camiño de Santiago, así como polos diferentes territorios nos que Prorural Galicia desenvolve actualmente os seus proxectos.

🚗 Será necesario vehículo propio e dispoñibilidade para desprazamentos puntuais, visitas técnicas, reunións con entidades locais e seguimento das actuacións sobre o terreo.

📋 REQUISITOS

• Titulación universitaria en:

  • Arquitectura
  • Arquitectura técnica
  • Enxeñería civil
  • Enxeñería Agrícola
  • Enxeñería Forestal
  • Ou titulacións similares

•Capacidade para desenvolver tarefas de apoio técnico e elaboración de documentación.
• Interese polo desenvolvemento rural e territorial.
• Capacidade de traballo autónomo e en equipo.
• Dispoñibilidade para desprazamentos pola contorna do Camiño de Santiago e outros ámbitos de actuación de Prorural Galicia.

📩 COMO PRESENTAR A CANDIDATURA

As persoas interesadas deberán enviar o seu CV aos correos:

proyectos@proruralgalicia.org

Asunto: Candidatura Técnico/a de Apoio en Proxectos e Desenvolvemento Rural

Más noticias

gl_ESGL